Reactivan a urbanización dos antigos terreos do guindastre de Mollavao

PONTEVEDRA> O Concello de Pontevedra reactivará a urbanización dos antigos terreos do guindastre de Mollavao. Trátase dunha parcela de máis de 28.000 metros cadrados na que se construirán 64 vivendas unifamiliares. Ademais, crearanse tamén máis de 100 de prazas de estacionamento libre.

O Concello de Pontevedra informou hoxe da reactivación urbanística desta parcela de Mollavao. Segundo anunciou hoxe a portavoz do goberno, acaba de ser nomeada unha nova presidencia e secretaría da Xunta de Compensación, a cal estará integrada polos propietarios destes terreos e pola entidade inmobiliaria Aliseda SAU. Esta será a empresa encargada de construír 64 novas vivendas unifamiliares nesta zona.

A parcela na que se construirán estas vivendas conta con 28.000 metros cadrados. Deste total, a promotora deberá contemplar unha cesión de case 3.000 metros para espazos libres e zonas verdes, uns 1.100 metros para equipamentos e 11.000 para viario. Ademais, nestes terreos creranse tamén 102 prazas de estacionamento libre.