Puentes destaca a aposta do PSOE polo medio ambiente e recorda os 25 millóns comprometidos polo Estado

PONTEVEDRA> A Xunqueira de Alba centrou hoxe a atención do candidato socialista en Pontevedra. Acompañado da presidenta do PSdeG, Carmela Silva, Iván Puentes visitou as antigas instalacións do Parque de Maquinaria e da Imprenta Provincial, que a Deputación se encargou de desmantelar para liberar estas parcelas da Xunqueira. Alí Puentes repasou os proxectos en marcha para a rexeneración ambiental do espazo.

A Xunqueira de Alba centrou hoxe a atención do candidato do Partido Socialista en Pontevedra. Iván Puentes repasou os proxectos que hai en marcha para rexenerar este espazo e recordou o compromiso do Goberno de España de investir 25 millóns de euros na cidade, no marco da estratexia Pontevedra Flúe.

Acompañado da presidenta da Deputación e do PSdeG, Carmela Silva, Puentes visitou os terreos que acolleron ata hai ben pouco as instalacións do antigo parque de maquinaria e da imprenta provincial. Estes equipamentos foron desmantelados polo goberno provincial para facilitar a recuperación deste espazo, que segue a ocupar a Xunta de Galicia.

Outro compromiso adquirido hoxe por Puentes é coa rehabilitación da ribeira do Lérez. Segundo o candidato socialista, nos seis primeiros meses estará redactado e no Ministerio de Transición Ecolóxica para que se poidan executar os fondos comprometidos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí