Pontevedra blíndase fronte a Covid

PONTEVEDRA> Pontevedra comezou hoxe co peche perimetral individual. A partir de hoxe ninguén poderá saír ou entrar deste Concello sen unha causa xustificada. Esta mañá achegámonos ata un dos primeiros controis policiais que se realizaron na Boa Vila para comprobar de primeira man se os cidadáns están a cumprir as novas restricións.

O peche perimetral individual de Pontevedra traerá certas dificultades para os veciños que se desprazan diariamente entre, por exemplo, a Boa Vila e Poio. Así e todo, o portavoz da Policía Local asegura que estas novas restricións facilitar o traballo dos axentes.

Ao longo dos vindeiros días, a Policía Local de Pontevedra intensificará os controis nos accesos á Boa Vila. Manolo Omil pide a cidadanía maior responsabilidade individual para evitar as posibles sancións.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí