O Concello de Pontevedra aproba os Orzamentos de 2021 a pesar do rexeitamento do PP e de Goyo Revenga

PONTEVEDRA> O Concello de Pontevedra aprobou hoxe os Orzamentos de 2021. Uns presupostos marcados pola crise sanitaria actual e valorados en máis de 80 millóns de euros. Tanto o PP como o edil non adscrito Goyo Revenga votaron en contra de ditos orzamentos.

A corporación pontevedresa aprobou hoxe os Orzamentos de 2021. Estes presupostos, valorados en 80,7 millóns de euros, están dirixidos á reactivación económica da cidade tras a crise da Covid e poderían superar os 100 millóns de euros unha vez se incorporen os remanentes.

Os presupostos saíron adiante a pesar dos votos en contra do PP e do edil non adscrito Goyo Revenga. Os populares aseguraron que estes orzamentos chegaron “tarde, mal e arrastro” e cren que están moi afastados das demandas e das necesidades dos pontevedreses.

Rafa Domínguez aproveitou este debate sobre os Orzamentos para criticar a postura do alcalde de Pontevedra. Segundo o voceiro popular, este é sen dúbida o peor ano de Miguel Anxo Fernández Lores.

Os populares presentaron unha emenda a totalidade destes Orzamentos, a cal foi apoiada por Goyo Revenga. O edil non adscrito non participou no debate dos presupostos pero si apoiou a proposta do PP. Este apoio non serviu de moito xa que os orzamentos municipais foron aprobados cos votos a favor dos membros do goberno municipal.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí