PONTEVEDRA> A Deputación de Pontevedra fixo hoxe balance dos tres anos da Rede Ágora. Segundo os seus cálculos, cando estean rematados todos os proxectos subvencionados por este programa a provincia de Pontevedra multiplicará por cinco o espazo público existente na actualidade. Unha transformación que suporá a incorporación de 340.000 metros cadrados de espazos público novo para as persoas.
Tres anos despois da súa posta en marcha, a Rede Ágora fai balance. Segundo explican dende a Deputación de Pontevedra, cando se executen todos os proxectos subvencionados por este programa transformaranse máis de 620.000 metros cadrados de espazo público na provincia. Deles, 340.000 serán gañados para as persoas restándollos aos vehículos.
As actuacións amparadas pola Rede Ágora suporán multiplicar por cinco o espazo público existente na actualidade. Para isto, o programa concedeu preto de 5,8 millóns de euros en subvencións nos últimos dous anos e medio, que permitirán redactar 206 proxectos de recuperación do espazo público cun investimento total de 94 millóns.
Neste obxectivo, a Deputación atoupouse coa complicidade dos concellos pontevedreses. A día de hoxe son xa unha realidade 14 proxectos que supuxeron un investimento de 9 millóns de euros.
‘Tres anos de Rede Ágora’ despediuse coa entrega de distinción saos concellos adhiridos polo seu traballo nos últimos anos. Entre eles, Valga, Moraña, Pontecesures, Caldas, Cuntis, Poio, Barro, Pontevedra, Sanxenxo, Vilagarcía, Meaño, O Grove, Meis, Ribadumia e Cambados.