A rehabilitación da primeira planta da Casa Consistorial estará rematada no verán

PONTEVEDRA> O pregón das Festas da Peregrina de Pontevedra deste 2023 farase dende o balcón da renovada Casa Consistorial. Cando menos, esa é a intención do actual goberno local. De cumprirse as previsións, no mes de agosto xa estarán rematadas as obras de rehabilitación na primeira planta do edificio. Para velas finalizadas por completo haberá que agardar a finais deste ano.

A Casa Consistorial de Pontevedra podería estar rematada para acoller este 2023 o pregón das Festas da Peregrina no mes de agosto. Hai máis dunha década que esta tradición que dá inicio ás festas grandes da cidade se trasladou ao Pazo de Mugartegui.

Iso si, só estaría rematado o primeiro andar que acollerá a área institucional do consistorio. O espazo dividirase para acoller un salón de plenos e a alcaldía.

As obras avanzan a bo ritmo. Dende o estudo de arquitectura explican que os materiais que se están a utilizar son o mármore, a madeira de castaño e o aceiro negro. Actualmente trabállase na parte de acabados.

En canto á planta baixa, segundo Amandi haberá que agardar a finais de ano para vela finalizada.
As obras de rehabilitación da Casa Consistorial contan cun orzamento de 1,3 millóns de euros.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí