Planas sinala a vindeira PAC e a modificación da Lei de Cadea Alimentaria como dous grandes retos para o sector agrícola

CAMBADOS> O Ministro de Agricultura está dende onte en Galicia, e unha das paradas da súa xira foi a primeira hora desta tarde en Cambados. Luis Planas visitou a cooperativa Martín Códax, como un dos exemplos do peso do sector vitivinícola no territorio galego. Planas estivo acompañado polo conselleiro do Medio Rural. José González anunciou que a Xunta renovará no 2021 o préstamo vendima.

O Ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación estivo en Galicia, e a cooperativa cambadesa Martín Códax foi a última parada da súa ruta. Dende as súas instalacións, José Luis Planas trazou algúns dos retos ao que se enfronta o mundo do campo nos vindeiros anos.

Planas explicou que aposta por coñecer sobre o terreo a realidade dos diferentes sectores produtivos, e destacou o peso do vitivinícola na economía galega.

O Ministro estivo acompañado polo Conselleiro do Medio Rural. José González aproveitou para anunciar que a Xunta renovará no 2021 o préstamo vendima, un instrumento que busca facilitar que as adegas poidan mercar toda a uva da colleita en condicións normais de mercado.

González recordou tamén que esta semana se convocaron axudas por un importe de 3,65 milóns de euros para fomentar a elaboración e comercialización de produtos vitivinícolas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí