RIANXO> A confraría de Rianxo pechou o 2020 cun alto volume de perdas. Á espera de ter os datos definitivos, as previsións iniciais apuntan a unha baixadas da facturación de dous millóns e medio de euros.
O balance de 2020, ó igual que na maior parte dos sectores económicos, foi nefasto para o marisqueo. A caída das vendas, con periodos irregulares por mor do covid, provocou un descenso xeral na facturación
En confrarías como a de Rianxo, o balance pode supoñer dous millóns e medio de euros menos que na anterior campaña.
As axudas habilitadas tanto pola Consellería como polo Ministerio supuxeron un pequeno alivio para os profesionais que puideron manter un salario a pesar da caída da actividade. Dende o pósito agardan agora que a presente campaña evolucione de mellor maneira para non encadear dous anos seguidos de perdas.