RIBEIRA> O alcalde de Ribeira procedeu este mediodía ó izado da bandeira azul en Coroso, a única de toda a comarca na que onderará o distintivo ante as dificultades paa cumprir cos requisitos que establece ADEAC, especialmente no que respecta á contratación de socorristas.
O alcalde aproveitou para volver facer un chamamento ás autoridades competentes que impiden a realización de traballos mecanizados de limpeza nesta praia posto que se trata dun lugar de aniñamento de aves co que a vexetación proliferou no areal limitando moito os espazos para os usuarios.
No acto procedeuse tamén ó izado do distintitvo de sendeiro azul outorgado ó que que discorre polas praias de Coroso e Río Azor. A intención do concello é seguir ampliando esta rede nos vindeiros anos coa incorporación do paseo do Touro e mesmo do CIELGA e San Roque como centros azuis.