RIBEIRA> As pistas de atletismo, as mesmas nas que comezou a adestrar de cativa, levarán a partir de agora o seu nome.
Acompañada dos seus: familiares, amigos e da base do Club de Atletismo Ribeira, así como tamén de numerosos veciños en xeral e autoridades, Ana Peleteiro recibía este mediodía unha nova homenaxe na súa vila natal co descubrimento dunha placa no complexo deportivo da Fieiteira, cuxas pistas de atletismo levarán a partir de agora o seu nome. Foi un acto sinxelo, pero emotivo, co que a atleta se mostrou moi ilusionada.
Previamente o alcalde, Manuel Ruíz, e o presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos, que tamén quixo estar presente no acto, tamén tiveron palabras de gavanza para a xoven deportista.
O Concello está a programar tamén outro acto similar de recoñecemento a outra das súas atletas máis recoñecidas, neste caso á nadadora María Vilas, a primeira deportista olímpica na historia de Ribeira, que dará nome tamén proximamement ó vaso da piscina municipal.