A Pobra deseña unha ampla programación para conmemorar as Letras Galegas ó longo do mes de maio

A POBRA> A concellería de Cultura da Pobra deseñou un amplo programa de actividades en torno á celebración do día das Letras Galegas. Vai dirixido especialmente ó público escolar pero tamén ó resto da cidadanía con festivais de música e baile tradicional.

Este xoves día 11 arrancarán na Pobra as primeiras actividades do programa das Letras Galegas, que este ano están dedicadas a Francisco Fernández del Riego. Ás 11 abrirá as súas portas a exposición de ilustracións realizadas polos escolares do colexio Pilar Maestú Sierra e xa pola tarde terá lugar a presentación do libro ‘Entre nós’. Serán tan só o aperitivo dunha ampla programación cultural que terá continuidade o venres coa entrega do premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro a María Canosa. O martes 16 preto de 350 escolares tomarán parte nun orixinal concurso polas rúas e prazas do concello.

O propio 17 de maio conmemorarase co Ronsel da verbena no que participan numerosas agrupacións de música e baile tradicional.

O día 19, a asociación Arramcadeira desenvolverá uns obradoiros de maio no Cantón da Leña mentres que o 20 pechará o programa co festival ‘Bailando as flores’.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí