RIBEIRA> A sala de exposicións do Centro Cultural Lustres Rivas, en Ribeira, acolle unha mostra das obras seleccionadas no certame de artes plásticas ‘Isaac Díaz Pardo’. Poderá visitarse ata o 28 de febreiro.
A obra gañadora do Certame de Artes Plásticas Isaac Díaz Pardo, que promove a Deputación da Coruña, encabeza a mostra que xa se pode visitar no centro cultural Lustres Rivas de Ribeira. ‘Sete’, así se titula, obra de Mauro Trastoi encabeza esta exposición integrada por outras 19 obras seleccionadas neste recoñecido certame.
Os interesados en achegarse ata esta escolma que recolle as máis variadas técnicas e temáticas, poderán facelo ata o 28 de febreiro, en horario de dez a dúas e de sete a nove, de luns a venres. Os sábados abrirá tan só pola mañá de once a dúas.