Noia retoma este luns as obras da fachada marítima

NOIA> A Demarcación de Costas do Estado retomará a próxima semana as obras da fachada marítima de Noia. Os traballos levaban parados varios meses tras detectar unhas canalizacións soterradas que non figuraban no proxecto.

Satisfacción en Noia ante o anuncio da Demarcación de Costas de que o próximo luns retomará as obras de remodelación da fachada marítima. Os traballos tiveron que ser paralizados en agosto ante a aparición dunha serie de redes soterradas de telefonía, electricidade e auga que foi preciso reubicar polo que se procedeu ó modificado do proxecto inicial.

Os traballos, que poderían concluír nun prazo de catro meses, contemplan a ampliación da rotonda do Campo de Noia que conecta os Malecóns de Gasset e Cadarso así como a construción dunha pasarela peonil elevada que incrementará a seguridade para os viandantes. Uns traballos que conlevarán cambios importantes na circulación da zona

O investimento para a súa execución supera o millón de euros.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí