Boiro programa unhas xornadas sobre saúde feminina

BOIRO> Boiro desenvolverá ó longo do mes de novembro o programa ‘Mulleres e Saude’. Esta iniciativa, promovida polo CIM e a concellería de Igualdade, inclúe interesantes propostas  relacionadas coa saúde feminina como a menopausa ou a endometrose.

O mércores día 9 dará comezo a programación de Mulleres e Saúde cun faladoiro sobre a saúde na menopausa a cargo da matrona Iria Cierto Tomaralle o relevo o mércores 23 de novembro a sexóloga Verónica Ramilo quen abordará as causas e consecuencias da endometriose.

O programa inclúe tamén uns obradoiros sonre saúde sexual titulados ‘Encantada de Coñecerme’ que se desenvolverán os sábados, 12 e 19 de novembro en horario de mañá.

O sábado 26 finalizarán as actividades cunha xornada sobre Menstruación Sostible organizada polo Foro Ecolóxico de Boiro. Tódalas actividades terán lugar no centro social de Boiro e serán gratuítas. Contan ademais con servizo de ludoteca.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí