RIANXO> Os concellos van recobrando pouco a pouco a normalidade. Un exemplo é Rianxo, que esta mañá recuperou o seu mercadiño ambulante. A actividade nos postos desenvolveuse sen incidentes, extremando as medidas sanitarias impostas pola actual situación.
Era unha reapertura moi agardada, tanto polos veciños como polos propios vendedores. O pasado domingo foi a primeira toma de contacto, e hoxe volveu a repetirse experiencia. Non se rexistraron incidentes. Dende o Concello estableceuse un riguroso control dos postos, extremando as medidas de seguridade e as distancias entre postos, ampliándose a outras rúas anexas ó Concello.
Aínda que con menos xente do habitual, a Praza do Concello e rúas anexas, volveu hoxe á súa estampa habitual de cada mércores, recuperando en parte o animado ambiente dos postos ambulantes. Un sector tamén moi prexudicado pola crise sanitaria.