Aparece o corpo dunha muller nun depósito de auga en Lousame

LOUSAME>  O corpo sen vida da muller, de 84 anos, foi atopado esta fin de semana a un quilómetro da súa casa, na aldea de Froxán. A familia alertara da súa desaparición ó non regresar á súa casa despois de saír a camiñar.

No interior deste depósito de auga, empregado habitualmente nos labores de extinción de incendios forestais, foi o lugar onde localizaron o corpo xa sen vida de Soledad Figueira, de 84 anos, veciña da aldea de Froxán. A zona atópase a un quilómetro aproximadamente da súa vivenda. A familia alertara da súa desaparición despois de non ter novas dela dende primeiras horas da mañá, momento no que saíra a camiñar como habitualmente adoitaba facer. Nese momento iniciouse un dispositivo de busca, na que ademais de familiares e veciños, tamén participaron efectivos de Protección Civil e da Garda Civil. Polo de agora descoñécense as posibles causas do falecemento. Á espera de coñecer os resultados da autopsia, a Garda Civil abriu tamén unha investigación para aclarar todo o acontecido.