Cribado en Padrón, Rois e Dodro para frear os contaxios

PADRÓN> O Sergas iniciou esta tarde un cribado a máis de 2.400 veciños dos concellos de Padrón, Rois e Dodro. Está a ser realizada no centro de saúde de Padrón por persoal de atención primaria destes tres municipios. A franxa de idade do cribado sitúase entre os 25 e os 50 anos e a selección de poboación realizouna o servizo de medicina preventiva da área Santiago-Barbanza segundo as idades de maior prevalenza da covid nestes tres concellos. Con estas probas, Sanidade pretende detectar posibles contaxios, principalmente asintomáticos. A cifra de casos activos nestes tres concellos preocupa especialmente, sobre todo en Rois e Padrón, con 101 e 150 positivos respectivamente a día de hoxe. Dodro conta con 32.