A academia de baile Kitis Katis volve a organizar un festival benéfico

NOIA> Os noieses terán unha nova cita solidaria o vindeiro domingo 6 de xullo nos locais da Sociedade Liceo, cunha nova edición do Festival Benéfico da academia de Baile Kitis Katis.

No espectáculo, que levará por título ‘Unha viaxe polo mundo’ participarán uns 150 rapaces.

Os fondos recadados no festival irán novamente a financiar proxectos de asociacións benéficas, neste caso á obra social de Pediatría do Hospital Clínico de Santiago, entidade dende a cal agradecen este xesto.

As entradas para o festival benéfico poderán adquirirse no propio Liceo por tan só catro euros.