Protección Civil Noia dispón dun moderno Furgón de Útiles Varios

NOIA> A súa adquisición foi posible grazas a un convenio de colaboración asinado polo Concello coa Axencia Galega de Emerxencias.

Dende hai varios días o concello de Noia conta cun novo vehículo. Neste caso trátase dun Furgón de Útiles Varios para o seu servizo municipal por parte de Protección Civil. A achega deste novo equipamento foi froito do acordo de colaboración asinado entre o propio Concello e a Axencia Galega de Emerxencias.

Segundo o rexedor noiés este novo vehículo, que dispón dun equipamento moi completo, virá a mellorar significativamente a atención en emerxencias que se presta no municipio.

A adquisición deste novo vehículo súmase á liña marcada polo executivo de cara a ir renovando a actual rede de vehículos municipais

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí