A terceira onda da Covid impacta nos máis mozos: “la afectación en algunos pacientes es muy grave”

PONTEVEDRA> A tendencia na curva de contaxios non é a mesma que na presión hospitalaria. A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés rexistrou nas últimas horas un aumento nos pacientes ingresados. Esta fin de semana puidemos acceder á Unidade de Coidados Críticos de Montecelo e comprobar a gravidade da situación. Dende o Sergas advirten que cada vez hai máis xente moza hospitalizada.

Por primeira vez dende que comezara a pandemia, unha cámara puido acceder este sábado á Unidade de Coidados Críticos de Montecelo para mostrar así a cidadanía a realidade que se está vivir neste hospital. Unhas imaxes que demostran o traballo encomiable que está a realizar todo o persoal sanitario.

Tras once meses de pandemia, o traballo e o esforzo continúan. Nesta Unidade de Coidados Críticos chegaron a ingresar máis de cinco pacientes ao día e actualmente hai 22 pacientes hospitalizados. Se algo hai que seguir deixando claro a cidadanía é que ninguén é inmune á Covid xa que este virus non entende de idades.

O persoal sanitario vive cada día momentos duros e de frustración pero aínda cando as forzas se desvanecen hai algo que sempre persiste: a esperanza de saír canto antes desta situación.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí