Cribado no colexio Cruceiro de Sanxenxo con PCR a 300 persoas

SANXENXO>  Un dos municipios onde a covid segue disparada é Sanxenxo. Hoxe, no colexio do Cruceiro de Vilalonga, o Sergas levou a cabo un cribado masivo. Toda a comunidade educativa estaba chamada a face-las probas PCR. No centro hai máis dunha vintena de casos e unha aula pechada.

O cribado desenvolveuse oo longo desta mañá neste colexio do Cruceiro, en Sanxenxo. O centro suma nestes momentos 24 positivos e ten unha aula pechada. Toda a comunidade educativa foi sometida a probas PCR. O obxectivo, detectar posibles asintomáticos.

A situación tamén é complicada na gardería do Revel, onde tamén se rexistran dous positivos. O alcalde mesmo vería con bos ollos a posiblidade de que o Sergas decida facer un cribado masivo en Sanxenxo.

Máis alá do aspecto sanitario, o alcalde de Sanxenxo tamén está preocupado polo golpe para a economía local que supoñen as novas restricións. Martín indica que moitos establecementos do municipio están a pasar un momento crítico, pola súa alta dependencia do turismo.

A Policía Local de Sanxenxo, por certo, está a intensifi-la vixilancia para que se cumpran as novas limitacións, en especial, que ninguén entre ou saia de Sanxenxo sen causa xustificada. O alcalde aproveita, ademais, para pedirlles ós veciños que cumpran ó máximo con tódalas normas impostas pola Xunta.