Normalidade no primeiro día de reapertura da piscina de Rianxo

RIANXO> Os usuarios volveron hoxe a disfrutar das instalacións despois de tres meses pechadas ó público como consecuencia da declaración do Estado de Alarma pola Covid-19. A empresa BeOne, que xestiona o complexo, traballou arreo estas últimas semanas de cara a introducir medidas de seguridades e hixiene para adaptar o centro á nova normalidade. O seu obxectivo non era outro que tratar de conseguir que os seus abonados puideran seguir disfrutando da mellor experiencia deportiva, pero sempre garantíndose tódalas garantías sanitarias.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí