Boiro inviste preto dos 300 mil en euros en melloras nos centros educativos

BOIRO> O Plan de mellora e acondicionamento dos colexios virá a solucionar moitas das demandas plantexadas dende as distintas comunidades educativas.

No último ano o executivo boirense desenvolveu un amplo abano de obras de mantemento e reparación en tódolos centros educativos do municipio. Daba así resposta a varias demandas históricas presentadas polos distintos equipos directivos e ANPAS dos colexios.

A maiores o Concello pretende desenvolver outras actuacións de maior calado, algunha delas xa en fase de licitación, como é a melllora da seguridade viaria e accesibilidade no entorno dos centros públicos de ensino na Avenida de Compostela onde se prevén investir máis de 50 mil euros

Tamén se procederá á reparación e mellora de beirarrúas e pavimentos no acceso ó CEIP Escarabote, acondiconaranse as beirarrúas e pavimentos no estacionamento do CEIP Abanqueiro e levarase a cabo tamén a mellora enerxética do CEIP Santa María do Castro.

Neste último centro está previsto tamén realizar a mellora da seguridade viaria, como tamén se fará no entorno do IES de Espiñeira.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí