O incremento dos novos contaxios mantén en xaque a varios concellos da Barbanza

BARBANZA> Na comarca do Barbanza preocupa tamén especialmente a suba dos casos de covid experimentada nos últimos días. Hoxe a cifra total de contaxios en toda a área sanitaria Santiago-Barbanza ascende a 368, 55 máis ca onte. En Boiro hai 23 positivos, Ribeira ten 18 e a Pobra do Caramiñal e Porto do Son 15 cada un.

A comarca do Barbanza tampouco é allea ó incremento dos casos activos por covid. Unha situación, de seguir así, que pode levar aparellada a suba no nivel de restricións nalgún Concello.

Nas últimas xornadas obsérvase unha tendenza a alza que empeza a preocupar ás autoridades sanitarias, moi en sintonía co que está a pasar no resto da comunidade. Segundo o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, referiuse a que na maioría dos casos estes novos positivos danse en xente moza, menor de trinta anos, que aínda non están inmunizados, polo que se deben seguir extremando as precaucións.

O titular de Sanidade pediulle tamén ós mozos que acudan ós cribados cando sexan chamados, porque nos últimos realizados a este tramo de idade a asistencia está a ser moi baixa.

Aínda así García Comesaña explicou tamén que a día de hoxe a presión hospitalaria segue a ser baixa. Segundo el é unha nova importante, aínda que non se debe baixar a garda.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí