Os comercios de Boiro súmanse á campaña ‘A morrriña non ten brazos’

BOIRO> Os comercios de Boiro súmanse á campaña comercial ‘A morriña non ten brazos pero aperta forte o corazón’. Para participar nela, as persoas interesadas deberán acceder á páxina da Asociación Galega de Xerencias de Centros Comerciais Abertos en Facebook e deixar o seu propio comentario.

Nestes momentos difíciles, no que a maioría de comercios apenas teñen ingresos, ó permanecer pechados polo coronavirus, xorden iniciativas de diversa índole que buscan contribuir a pasar mesllor esta crise. Neste escenario, a Asociación Galega de Xerencias de Centros Comerciais Abertos vén de lanzar a campaña ‘A morriña non ten brazos pero aperta forte o corazón’ á que agora se suma a patronal boirense. Con ela preténdese premiar a fidelidade dos clientes do comercio de proximidade, transmitindo unha imaxe de unidade do tecido comercial.

Participar na campaña é moi sinxelo. Abonda con acceder á páxina da Asociación Galega de Xerencias de Centros Comerciais Abertos en Facebook e deixar o seu propio comentario.

Tólolas persoas que participen, entrarán no sorteo de 27 vales compra de 50€, un por cada CCA que participe na campaña, que se poderán gastar nos establecementos asociados.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí