PONTEVEDRA> O Concello de Pontevedra aprobou hoxe os Orzamentos municipais de 2021. Fíxoo nunha sesión plenaria na que tamén se debateu o cambio de nome da rúa Juan Carlos I. Unha avenida que pasará a coñecerse como Virxinia Pereira.
Pontevedra converteuse hoxe na primeira cidade galega que retira todas as honras de Juan Carlos I. O Concello decidiu eliminar o seu nome desta rúa, unha vía que pasará a coñecerse como a Avenida Virxinia Pereira.
A decisión de retirar o nome de Juan Carlos I desta avenida aprobouse hoxe en Pleno a pesar do rexeitamento por parte do PP e do concelleiro non adscrito Goyo Revenga. Os populares aseguraron que este feito tomouse en base a informacións periodísticas e lamentaron que o goberno local faltase así ao respecto ao rei emérito.
O malestar dos populares medraba ao ritmo que avanzaba o Pleno. Un cabreo que rematou coa aprobación dos Orzamentos municipais de 2021. O goberno local defendeu ditos presupostos a pesar de que o PP asegurou que había numerosos erros na súa presentación.
Finalmente, tanto o cambio de rúa de Juan Carlos I como os Orzamentos municipais foron aprobados hoxe cos votos a favor do BNG e do PSOE.