PONTEVEDRA> A repulsa polo asesinato das pequenas de Tenerife Anna e Olivia a mans do seu pai tivo hoxe ecos en Pontevedra. Deputación e concello responderon á convocatoria da Federación Española de Municipios e Provincias para decir basta á violencia machista e a unha das súas formas máis crueis, a violencia vicaria. Dende 2013, 41 nenos e nenas foron asesinados pola violencia machista. Dende 2003, 1.096 mulleres.
Cun minuto de rigoroso silencio Pontevedra condenou a violencia machista e unha das súas manifestacións máis crueis: a violencia vicaria, a que se exerce contra os manores para facer dano ás súas nais.
Representantes da Deputación de Pontevedra e do concello secundaron a convocatoria da Federación Española de Municipios e Provincias. Un chamado en sinal de repulsa polo asesinato das nenas de Tenerife, Anna e Olivia, a mans do seu pai.
Co minuto de silencio tamén se recordou aos 41 nenos e nenas asasinados dende 2013 pola violencia machista, e ás 1.096 mulleres asesinadas dende o 2003. As cifras do que levamos de 2021 non son alentadores.
Silva pediu tamén ás formacións políticas que non sexan cómplices de partidos como VOX, que negan as violencias machista e vicaria.
Pola súa banda, o alcalde pontevedrés fixo un chamamento á reflexión.
A convocatoria da Federación Española de Municipios e Provincias foi secundada noutros concellos da contorna, como Sanxenxo, Valga e Cambados.