O arquitecto Jan Gehl, referente da recuperación do espazo público para as persoas, pechará os seminarios da Facultade Ágora

PONTEVEDRA> A Facultade Ágora encara a súa fase final neste 2021. Só quedan dúas conferencias para dar por rematada esta iniciativa formativa da Deputación de Pontevedra, centrada na formación de vangarda sobre o espazo público. A última conferencia será o vindeiro 12 de novembro e despedirase por todo o alto: ata Pontevedra desprazarase o prestixioso arquitecto danés Jan Gehl, un dos impulsores da recuperación do espazo público para as persoas.

Tan só dous seminarios quedan da programación da Facultade Ágora, a iniciativa da Deputación de Pontevedra centrada na formación sobre o espazo público.

Mañá o edificio Castelao do Museo acollerá a penúltima cita, que introducirá a visión de xénero do espazo público. A protagonista será a arquitecta e urbanista Zaida Muxí, experta na materia.

O último seminario será o 12 de novembro e preséntase como un dos pratos máis fortes da programación. Ata Pontevedra viaxará o arquitecto e urbanista danés Jan Gehl, un dos impulsores da recuperación do espazo público para as persoas.

Autor de máis de 98 libros nos que defende o modelo de cidade a escala humana e o uso de medios de transporte como a bicicleta, a súa pegada figura no urbanismo de importantes capitais de todo o mundo.

A Deputación agarda que a visita de Gehl xere unha gran expectación. Tanto é así que o seminario trasladarase ao Tetaro Principal e estará aberto a toda a cidadanía. Será necesario reservar butaca na web agora.depo.gal.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí