O PP anuncia que o Tribunal de Contas está a estudar o contrato de aluguer dos terreos da Canicouva

PONTEVEDRA> O Partido Popular de Pontevedra insiste: hai irregularidades no contrato de aluguer dos terreos da Canicouva. Dende a formación aseguran que, aínda que a Fiscalía arquivou a investigación, o decreto apunta a que existen irregularidades neste pago á comunidade de montes. Os populares ademais recordan que o asunto está a ser avaliado no Tribunal de Contas.

A decisión da Fiscalía de arquivar a denuncia do Partido Popular de Pontevedra contra o contrato de aluguer dos terreos da Canicouva non significa que o caso estea pechado. Así o aseguraron esta mañá os concelleiros populares.

Pola contra, asegurou que o PP non valorara esta decisión da Fiscalía por prudencia. Pardo defende, ademais, que no seu informe o Ministerio Público recolle que si detectou irregularidades no contrato.

Os populares reclaman agora ao goberno municipal que volva pronunciarse para explicar que plans ten para este contrato.

Segundo o PP, o arquivo da causa asinouse o 28 de xuño do 2022. Ademais a formación non desbota presentar unha querela.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí