Douscentos alumnos dos institutos de Pontevedra limpan o Gafos no Día Mundial da Auga

PONTEVEDRA> O 23 de marzo conmemorouse o Día Mundial da Auga e para concienciar da necesidade de coidar este recurso e dos seus ecosistemas 200 alumnos dos institutos de Pontevedra desembarcaron na contorna do río dos Gafos. Alí, acompañados por membros do colectivo Vaipolorío participaron nas tarefas de limpeza do cauce e da súa contorna.

A conmemoración do Día Mundial da Auga tivo como escenario principal en Pontevedra o río dos Gafos. Co gallo desta efeméride, 200 alumnos dos institutos da cidade desembarcaron na zona.

O grupo percorreu varios treitos do trazado do río recollendo o lixo na súa contorna. Ao tempo, atendían as explicacións das persoas que mellor coñecen este espazo: os voluntarios de Vaipolorío.

A actividade rematou na contorna do muíño de Ponte Boleira. Alí o alumnado plantou varios carballos, para poboar a zona con árbores autóctonas.

Todas as partes coincidiron á hora de sinalar a importancia de actividades coma esta. Que poñen de fronte á rapazada cos efectos máis negativos da pegada do ser humano na natureza.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí