CC.OO. cualifica a mesa de diálogo de ‘acto de propaganda de mala fe’

PONTEVEDRA> Pola banda dos traballadores, onte o presidente do comité de empresa da fábrica, Toño Lafuente, celebraba a postura de ENCE de estudar un posible traslado se finalmente a Audiencia Nacional bota abaixo a concesión ata o 2073. Menos satisfeitos quedaron os traballadores das oficinas da factoría. Hoxe o seu comité e Comisións Obreiras cualificaban a reunión de onte como un acto de propaganda de mala fe. Aseguran que se celebrou en Madrid para influír na sentenza da Audiencia Nacional.

Esta mañá a valoración de Comisións Obreiras da reunión de onte foi menos optimista. Para o comité dos traballadores das oficinas de ENCE non existe ningunha razón obxectiva para o traslado da factoría.

Dende o sindicato criticaron incluso a convocatoria de onte. Cren que o motivo de que se fixera en Madrid foi intentar influír na decisión que a Audiencia Nacional ten que tomar sobre a prórroga concedida ata o 2073.

Segundo Pedrosa, a Ministra para a Transición Ecolóxica aproveitou para botar balóns fóra e non asumir compromisos. Asegurou que se o Goberno do Estado estivera verdadeiramente preocupado polo futuro da factoría podería tramitar unha nova concesión, se a Audiencia finalmente se pronuncia contra a prórroga.

Dende Comisións Obreiras non desbotan retomar as mobilizacións para defender os postos de traballo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí