Catoira gozará de 8 horas de música coa celebración do Valhalla Music Fest

CATORIA> Catoira presenta os dous eventos culturas que completarán a programación da 61 edicións da romería vikinga. Un deles é o festival Valhalla que celebrará 8 horas de música con artistas como Dany Romero ou Dasoul. O outro é a obra de teatro El Rei Snie cuxa función terá lugar no recinto das torres do Oeste.

A 61 romaría vikinga de Catoira completará a súa programación con dous eventos culturais destacados. O máis novidoso é o festival Vlahalla. Un concerto no que participarán numerosos artistas da música urbana. O evento terá lugar o venres 30 na Alameda do Peirao.

O festival comezará as 7 da tarde e alongarase ata as 3 da mañá. O recinto do evento contará con todas as medidas sanitarias e cunha capacidade máxima de 2900 persoas, case a metade do permitido.

As entradas xa están á venta a través de woutick.es e das redes sociais dos organizadores Luxco Fuxco. O outro evento é a representación teatral da escola municipal Úrsula no recinto das Torres do Oeste. A obra de este ano é El Rei Snie, a primeira representación que se realizou en Catoira no ano 93.

A representación estrearase hoxe e terá outros dous pases o mércores e o xoves, serán gratuítos pero con inscrición previa. O recinto contará con todas as medidas necesarias para velar pola seguridade. De feito, os actores actuarán con máscaras transparentes.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí