VALGA> Valga volverá gozar dun agosto completo de actividades gastronómicas coa celebración de Valga, Anguía, Caña e Camiño. O concello regresa coa terceira edición desta festa que inclúe showcookings, obradoiros e concursos. A gran novidade deste ano é o Anguía Chef, unha proba gastronómica que enfrontará ás cinco parroquias da vila para coñecer en cal se elabora mellor a anguía e caña.
Dende o 2021, o concello de Valga deulle unha volta á súa festa da anguía e mostra da caña do país e a converteu no Valga, anguía, caña e camiño. Unha festa gastronómica que se celebra durante todo o mes de agosto.
Durante todo o mes de agosto, Valga gozará de diferentes actividades que porán en valor os seus produtos estrela, a caña e anguía, e tamén o camiño de Santiago. Entre as actividades destaca o obradoiro para nenos e nenas.
A festa tamén contará co showcooking de catro cociñeiros como son Rocio Garrido, Coque Fariña e Fran Jamardo que amosarán unha ampla variedade de receitas para cociñar os produtos de Valga.
Pero a gran novidade deste ano é o anguía chef. Un concurso onde as parroquias da vila seleccionarán a catro representantes para competir na cociña.
A programación do agosto gastronómico de Valga inclúe o tapaanguia, que este ano cumpre 10 anos e o concello celebrará cun showcooking especial.
O tapaanguía celebrarase as fins de semana do 20 e o 27 de agosto. Ademais durante todo o mes tamén se poderá participar no concurso de fotografía, con imaxes da anguía, da caña ou do camiño, e no concurso de receitas. Todas as actividades son gratuítas.