CAMBADOS> A Denominación de Orixe Rías Baixas aumenta a comercialización de uva por hectárea. Os viticultores poderán recoller este ano 13500 quilos, 1500 máis que o ano pasado. Este cambio suporá un incremento de 6 millóns de euros en ingresos.
O pleno da Denominación de Orixe Rías Baixas aprobou o venres unha medida extraordinaria para aumentar o rendemento das parcelas esta campaña. O consello regular validou a petición rexistrada pola asociación Unións Agrarias. Deste xeito, os viticultores da DO poderán comercializar este ano 13500 quilos de uva, 1500 máis que nos anos anteriores.
A medida recollérona con alegría en Cambados Pode. A formación xa rexistrara esta proposta nun pleno do concello de Cambados no ano 2019, sen ningún apoio. Segundo indican, o aumento terá unha importante repercusión económica en toda a DO.
Esta medida é posible debido a falta de stock nas adegas e a previsión de colleita extraordinaria deste ano.
Esta medida entrará en vigor para aquelas parcelas rexistradas que teñan unha produción por hectárea de máis de 12 mil quilos. A uva fora da hectárea rexistrada continúa estando prohibida.
Con esta medida tamén se quere evitar que a uva de calidade sobrante se desperdicie ou sexa malvendida polos viticultores.