Fase final do Campionato Galego de F-8 en Cuntis

CUNTIS> Cuntis presenta o campionato de Fútbol 8 da Federación Galega que se desenvolverá no campo de “A Ran” este sábado. Con entrada gratuíta a todos os partidos, a vila converterase esta fin de semana na sé dunha competición que entre xogadores e familiares reunirá a un milleiro de persoas, segundo cálculos da organización.

 

Esta tarde o concello de Cuntis, o club Atlético Cuntis e a Federación galega de Fútbol presentaban en conxunto a organización da fase final do campionato galego de F-8 nas categorías alevín, benxamín e prebenxamín, que se celebrará en horario de mañá e tarde este sábado no campo de “A Ran”.

Ás 10:30 da mañá xogaranse as semifinais prebenxamíns, as 11:20 as semifinais benxamíns, as 12:10as semifinais alevíns, á unha da tarde xogaranse o 3º e o 4º posto os prebenxamíns e benxamíns ás catro os alevíns e as finais serán de menor a maior categoría ás 5, 6 e 7 da tarde.

O presidente do club local valoraba moi positivamente conseguir ser a sé deste campionato polo impacto económico que deixará na localidade.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/05maio/26/ptac_futbol_8_cuntis_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/05maio/26/ptac_futbol_8_cuntis.mp4{/flowplayer}