O ‘Chicle’ declara pola presunta agresión sexual á súa cuñada en 2005

NOIA> Fíxoo por videoconferencia dende a prisión leonesa onde segue recluído, cumprindo condena polo asasinato de Diana Quer. Segundo informaron fontes xudiciais a súa declaración de hoxe foi breve e transcorreu con total normalidade

Tal e como estaba previsto, despois do aprazamento de onte, José Enrique Abuín, o ‘Chicle’ compareceu esta mañá por videoconferencia dende a prisión de Mansilla das Mulas, en León, onde cumpre condena de prisión permanente revisable polo asasinato de Diana Quer.

A xuíza titular do Xulgado de Instrución Número 2 de Noia decretou o seu procesamento ó entender que existían indicios suficientes como para abrir dilixencias contra el pola presunta agresión sexual contra a súa cuñada, en 2005, cando esta aínda era menor de idade.

Segundo informaron fontes xudiciais o acusado prestou declaración de xeito breve, nun acto que se desenvolveu con total normalidade e do que, polo de agora, nada trascendeu.

O Chicle enfróntase a un delito de agresión sexual coas agravantes de uso de arma branca e de prevalemento ou abuso de superioridade, pois a vítima era a súa cuñada e menor de idade.

No auto xudicial descártouse a prescrición dos feitos, e requiriuse ademais ó procesado o depósito duns dez mil euros en concepto de fianza.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí