Ribeira aumenta a oferta do programa de dinamización social e cultural para maiores

RIBEIRA> Esta mañá presentábase unha nova edición do Programa de Dinamización Social e Cultural das Persoas Maiores que promove a concellería de Servizos Sociais. Á oferta habitual, súmanse este ano as saídas de senderismo dende as diferentes parroquias.

O Programa de Dinamización Social e Cultural das Persoas Maiores que promove a concellería de Servizos Sociais de Ribeira estará composto este ano por un total de seis actividades. Ás xa habituais como son os obradoiros de estimulación da mente, os de enriquecimento educativo, os de lingua e cultura galega ou o de artes plásticas, sumaránselle este ano as saídas de sendeirismo dende as distintas parroquias.

Dende o Concello agardan poñer en marcha tamén a ximnasia adaptada, suspendida o ano pasado pola covid.

As inscricións estarán abertas ó longo de todo este mes de setembro, podéndose formalizar tanto na Oficina de Atención Cidadá como no Departamento de Servizos Sociais. As actividades prolongaranse de outubro a xuño.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí