RIBEIRA> O concello de Ribeira descoñece aínda se poderá instalar as festas no recheo portuario. Portos de Galicia ven de requirir a subsanación de varias cuestións técnicas que o executivo local procedeu a emendar. Consideran, sen embargo, que se trata de escusas por parte do goberno autonómico para dilatar o procedemento e impedir finalmente a instalación.
Unha cuestión de política e non de normativa. Así cualifica o goberno local de Ribeira o xeito de proceder de Portos de Galicia que ven de solicitar unha serie de requirimentos ó plan do concello para poder instalar as atraccións das festas no recheo portuario. Aínda que xa procederon a subsanar as cuestións sinaladas polos técnicos do ente autonómico, consideran que se trata dunha estratexia para esgotar os prazos.
No caso de non obter finalmente autorización, o concello considera moi complicado habilitar un emprazamento alternativo.
Advirten á cidadanía que o prexuízo derivado desta situación é unicamente responsabilidade do goberno autonómico que castiga ó executivo local por ser de diferente cor.