O PP de Ribeira pide explicacións pola paralización do proxecto da futura biblioteca

RIBEIRA> O PP de Ribeira vén de solicitar información ó actual goberno sobre o estado de tramitación dalgúns proxectos que quedaron encamiñados na anterior lexislatura. Un deles é o da futura biblioteca da que aínda non comezaron os traballos a pesar de que o replanteo realizouse en xuño do pasado ano.

En xuño do pasado ano, o anterior goberno de Ribeira procedía ó replantexamento da obra da futura biblioteca na antiga Casa do Gran Sol, trámite que marca o inicio  oficial da actuación. Nove meses despois, o PP denuncia que non se teñen iniciado os traballos polo que xa solicitaron explicacións ó actual goberno.

Consideran os populares que a biblioteca é só un exemplo máis da parálise do actual executivo que non foi quen de poñer en marcha obras practicamente concluídas na anterior lexislatura como o centro social de Carreira ou a estación de autobuses.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí