RIBEIRA> Investigado un veciño de Ribeira por un presunto delito contra a seguridade viaria. A Garda Civil de Tráfico interceptou ó condutor dunha motocicleta realizando adiantamentos a outros vehículos en zonas prohibidas con visibilidade reducida e invadindo o carril contrario.
Tras darlle o alto comprobaron que o vehículo carecía de seguro e de ITV en vigor e sobre o condutor pesaba unha suspensión temporal do permiso de conducir. Foi sometido ás probas de alcoholemia arroxando un resultado positivo non só en alcol senón tamén no consumo de diversas sustancias estupefacientes.
Os axentes procederon á inmobilización do vehículo e a tramitar as correspondentes denuncias.