A Creba combate a estigmatización dos problemas da saúde mental cunha nova edición de ‘Ecos da Mente’

RIBEIRA> A Asociación A Creba convoca a terceira edición do certame de relatos ‘Ecos da Mente’. Trátae dunha iniciativa encamiñada a visibilizar os problemas de saúde mental, que se desenvolverán en colaboración co concello de Ribeira.

‘Estigmatización e prexuízos da saúde mental’. Baixo este lema, a asociación A Creba convoca a terceira edición do certame de relatos curtos ‘Ecos da Mente’ que busca poñer o foco nas problemáticas asociadas á saúde mental en tódalas etapas da vida.

Haberá catro categorías por idades, adolescentes de 12 a 16 anos xuveil ata 30 e adultos para os que superen a trintena así como unha modalidade para persoas con diversidade funcional maiores de 16 anos. O gañador en cada unha delas recibirá un vale de compra por valor de 120 euros.

Os relatos, que se poderán presentar ata o 30 de outbro, debrán ter un máximo de 1000 palabras e estar escritos en galego. As bases xa se pode consultar na web municipal www.ribeira.gal.

A alcaldesa animou tamén a participar na andaina solidaria que desenvolverá A Creba o 10 de outubro, coincidindo co Día Mundial da Saúde Mental, ratificando o compromiso do concello de Ribeira neste ámbito.