Saúde emocional, hábitos saudables e exercicio físico na segunda edición de Pontesan

PONTEVEDRA> Todo listo para a segunda edición da feira sobre saúde e benestar de Pontevedra, Pontesán. A cita desenvolverase na praza de España os días 17, 18 e 19 de setembro, cun programa ampliado respecto da súa estrea o ano pasado. Contarán con 34 asociacións da área pontevedresa relacionadas co eido sociosanitario e cada xornada estará dedicada a unha temática: saúde mental e emocional, hábitos saudables e exercicio físico.

Pontesan volve este ano cunha proposta máis ambiciosa. A feira do concello de Pontevedra dedicada á saúde e ao benestar celebrarase os días 17, 18 e 19 con epicentro na Praza de España.

A presenza destas asociacións medra na convocatoria deste ano. Pasarán de ser 24 a 34 e atoparán na feira un escaparate para amosar o seu labor.

Tamén medra o programa. Cada xornada do Pontesán estará dedicada a unha temática: saúde emocional, alimentación e hábitos saudables e exercicio físico.

De xeito paralelo, xa a partir do mércores a feira ofrecerá unha programación en colaboración coa Universidade de Vigo. Desenvolverase na Casa das Campás.

Outra das novidades será a presenza da Deputación de Pontevedra na feira, que contará co seu propio stand. Ademais, Pontesan desenvólvese no marco dun convenio de colaboración coa administración provincial.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí