RIBEIRA> Aprobado o inicio do expediente para a licitación da concesión da depuradora e colectores por valor dun millón douscentos mil euros.
Este custo revertirá nunha suba da taxa de saneamento e limpeza que ascenderá a algo máis de noventa e sete euros anuais. Suba que a oposición considera excesiva, especialmente para os consumidores domésticos.
Os grupos da oposición condicionaron o seu apoio á licitación desta infraestrutura á realización dunha auditoría externa que acredite o fin dos problemas de funcionamento que rexistrou a EDAR dende a súa posta en servizo.
Durante o pleno aprobouse tamén a desafectación do inmoble do matadoiro. aínda así o actual propietario terá obriga de manter a actividade durante un mínimo de quince anos garantindo así a prestación do servizo e os postos de traballo. Tamén saía adiante co apoio de tódolos grupos, a excepción do BNG, a concesión da medalla de Ribeira á primeira corporación democrática.