Deporte e solidariedade volverán a ir da man na primeira Runnnig Jealsa

BOIRO> Boiro acollera o domingo 3 de outubro a primeira edición da Running Jealsa. A proba presentada no Concello, está organizada pola Asociación Barbantia Roda. Constará dun percorrido de 10 quilómetros. Á carreira sumaráselle tamén unha andaina. E para as dúas haberá a posibilidade de facelas de maneira virtual.

O evento terá un carácter solidario e está previsto que os beneficios recadados coas inscricións sexan para un fin benéfico. Nesta primeira carreira os fondos serán doados de maneira íntegra a Asotrame, a asociación de transplantados de medula de Santiago, que os destinará o proxecto de investigación Adianthe.

Dende Jealsa, empresa patrocinadora da carreira, destacaron a importancia de poder colaborar con iniciativas coma esta, que ademais de promover a práctica deportiva, ten tamén un carácter solidario.

As inscricións poderán realizarse ata o xoves 30 de setembro a través da páxina web  de emesports. O prezo da inscrición será de oito euros para a carreira e cinco para a andaina. Tamén a posibilidade de colaborar na iniciativa a través do dorsal 0 e doar a cantidade que cada un estime máis oportuna.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí