BOIRO> Despois de seis días de troula, Boiro despedía onte as súas festas do verán. E fíxoo por todo o alto.
Na praza da Boqueira de A Negral celebrouse o concerto do grupo Camela.
Aínda que non se venderon tódalas localidades, o recinto habilitado para a ocasión reuniu a centos de enfervorizados fans do dúo madrileño que non desaproveitaron a ocasión de bailar ó ritmo das súas emblemáticas cancións: ‘Cuando zarpa el amor’ ou ‘Háblale de mí’, entre outras.
Pero este non foi o único atractivo do derradeiro día. A orquestra Panorama fixo tamén as delicias do público coma sempre nas súas actuacións nunha ateigada praza do Concello onde se celebrou a tradicional verbena.
O colofón final chegou da man de Dj Matrek que prolongou a festa ata altas horas da madrugada.











