BARBANZA> A titular do Mar, Rosa Quintana, aludiu esta mañá, durante a súa intervención no Parlamento, que se primará a atención ó sector, mantendo as liñas de traballo postas en marcha en anos anteriores.
Unha parte importante dos recursos, uns 84 millóns de euros, destinarase precisamente a accións de impulso da venda e valorización dos produtos da cadea mar-industria.
Tamén se seguirá traballando, segundo ela, no eido ambiental dando continuidade a liñas de axudas para o sector que deron bos resultados nos últimos anos como é o caso das de conservación, xestión e mellora das zonas de produción do marisqueo cun orzamento de sete millóns de euros ou as de recollida de lixo mariño, ás que se destinan uns 875 mil.
Quintana tamén destacou a importancia de acadar a remuda xeracional, a mellora das condicións a bordo dos buques e a adecuación da formación ás demandas do sector á que se destinarán 1,3 millóns de euros, o dobre que hai dous anos.
Segundo a titular do Mar, outro dos capítulos que se verá tamén verá reforzado será o da mellora de infraestruturas portuarias, cunha suba superior ó 20%, ata completar os 22 millóns de euros.