O Chicle será xulgado por agredir sexualmente á súa cuñada

NOIA> José Enrique Abuín Gey, ‘O Chicle’, será xulgado por un presunto delito de agresión sexual á súa cuñada. O Xulgado de Instrución Número 2 de Noia vén de concluír o sumario da causa e remitilo á Audiencia Provincial da Coruña para o seu axuizamento.

Os feitos investigados remítense a xaneiro de 2005 cando O Chicle violou e ameazou presuntamente á súa cuñada cando este era menor de idade. Trala denuncia da vítima procedeuse á apertura de sumario pero finalmente a causa foi arquivada a finais dese mesmo ano. Agora, o Xulgado de Instrución Número 2 de Noia vén de concluír o sumario da causa e remitilo á Audiencia Provincial da Coruña para o seu axuizamento.

No auto, contra o que cabe recurso, a xuíza establece que, das dilixencias practicadas, ‘se desprenden indicios bastantes’ de que o investigado realizou ‘actos atentatorios contra a liberdade sexual’ da denunciante. . Sinala tamén que os feitos revisten os carácteres dun delito de agresión sexual con penetración vaxinal, no que concorren as agravantes de prevalecemento, posto a vítima era a súa cuñada e tiña 17 anos, e de cometer a agresión facendo uso de arma branca.

O auto de procesamento recolle tamén que o relato da vítima doi coherente e consistente ó longo de todos estes anos e foi corroborado polo resultado doutras dilixencias de investigación. O feito de que Abuín fose condenado polo asasinato de Diana Quer, cometido en agosto de 2016, e pola tentativa de agresión sexual a unha moza en Boiro en decembro de 2017 reforza os indicios de veracidade da denuncia da súa cuñada posto que se constata o mesmo modus operandi.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí