O Sánchez Cantón convértese nun ‘terrorífico hospital’ polo Samaín

PONTEVEDRA> Os centros educativos tamén se suman á celebración do Samaín. No instituto Sánchez Cantón, en Pontevedra, o alumnado do ciclo de técnico superior en Ensino e Animación Sociodeportiva converteu o salón de actos nun túnel do terror. Ambientado como un antigo hospital, os rapaces e rapazas do centro enfrontáronse a escenas verdadeiramente terroríficas.

Polo Samaín o instituto sanchez cantón de pontevedra converteu o seu salón de actos nun terrorífico hospital. Un particular túnel do terror no que o alumnado se enfrontan aos pesadelos dos internos. Pasen e vexan.

Estes operarios de mantemento do imaxinario Hospital Sánchez Cantón foron os encargados durante toda a mañá de recibir aos alumnos que se atreveron a desfilar por este túnel do terror.

O vídeo xa os axuda a entrar en materia. Non están no salón de actos do instituto. Senon nun hospital no que os seus pacientes pasaron cousas verdadeiramente terribles.

Coidado ata o detalle. Toda a montaxe correu a cargo do alumnado do ciclo de Técnico Superior en Ensino e Animación Sociodeportiva.

Hoxe foi a culminación de tres semanas de esixente traballo que esta mañá compartiron cos seus compañeiros de centro.

Entre os corredores, berros, sustos, tensión e algún que outro intento de fuxida. Unha experiencia dende logo terrorífica que deixou a algúns dos espectadores sen palabras e a outros que aínda tardarán en recuperarse do susto.

Un Samaín que non se olvidará no instituto Sánchez Cantón.