Cinco sonenses representarán a Galicia no Campionato de España de Orientación

PORTO DO SON> Cinco alumnas do IES Porto do Son representarán a Galicia no Campionato de España de Orientación. O evento, composto de catro carreiras, disputarase durante esta ponte festiva en Extremadura.

Claudia, Noa, Indira, María e Raquel compoñen o equipo infantil feminino que representará a Galicia no Campionato de España de Orientación que se celebrará esta fin de semana en Extremadura. Tras meses de duros adestramentos, afrontan esta cita máis como unha experiencia persoal que como un reto.

Boa parte da responsabilidade de ter iniciado esta aventura recae sobre Alejandra Carro. A adestradora considera que a participación neste campionato é un premio ó esforzo demostrado polas cinco rapazas.

Mapas distintos ós que se atoparán en Extremadura polo que partirán xa o mércores pola noite co fin de realizar unha xornada previa de adestramento. O éxito destas mozas non sería posible tampouco sen o apoio do centro educativo, dos pais , do concello e do club ADC Arnela, onde está o xerme da afección a este deporte.

De seguro que estas cinco deportistas contribúen co seu exemplo a atraer novos adeptos ó fascinante mundo da orientación.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí