Máis de vinte comercios participarán este sábado na ‘Noite Aberta’ de Boiro

BOIRO> A Asociación Boirense de Empresarios presentou esta mañá a ‘Noite Aberta’. A campaña, que terá lugar este sábado 27, xorde coa finalidade de dinamizar a actividade comercial na localidade. Nela tomarán parte 25 comercios que ofrecerán importantes descontos ós seus clientes que poderían chegar ata o 70% en algún artigo.

Coma novidade, estrearase ese día tamén a ‘ruleta’ ABE.

A iniciativa conta co respaldo do Concello, que deseñou tamén para ese día varias actividades paralelas, contribuíndo así á dinamización da actividade comercial.

Aínda que o acendido oficial da iluminación de Nadal está previsto para primeiros de decembro, o Concello aproveitará tamén esta xornada da ‘Noite Aberta’ para acender o alumeado na rúa peonil, e así darlle un maior realce a esta campaña comercial.